Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA / Colección : INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO

9 resultados

EDICIONS XERAIS DE GALICIA Eliminar filtro Borrar filtros
  • POETÍZATE
    ALONSO, FRAN
    A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para ...
    Disponible

    13,50 €12,83 €

  • FURIA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a a...
    ¡Últimas unidades!

    12,95 €12,30 €

  • BULLYING
    ALONSO, ÁLEX
    Mergullándose en temas que centran o universo adolescente, como as redes sociais, a homosexualidade e, sobre todo, o acoso escolar, "Bullying", de Álex Alonso, foi galardoada co Premio de Narración Curta Ánxel Fole. A mellor reflexión sobre a novela está nas palabras iniciais do seu protagonista: «Cada vez que entro ao instituto penso no inferno, e, sinceramente, preferiría mel...
    Disponible

    12,95 €12,30 €

  • AQUELES CORPOS NOSOS
    GÓMEZ RAMOS, ADRIÁN
    Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias, e as fauces de Compostela escolleron unha nova vítima. Os Malvís terán que facer uso de todo o seu coñecement...
    Disponible en 2 - 5 días

    12,95 €12,30 €

  • A TRIBO DO MAR
    PÉREZ, LOIS
    Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes. Libia non era o que pensaba. O Mediterráneo parece agora infr...
    Disponible en 2 - 5 días

    12,95 €12,30 €

  • A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS
    MEJUTO, EVA
    O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba ...
    Disponible en 2 - 5 días

    13,50 €12,83 €

  • FAHRENHEIT 451
    BRADBURY, RAY
    Fahrenheit 451 é a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Os libros están prohibidos e Guy Montag, bombeiro, pertence ao Departamento do Lume, que persegue os disidentes que se atreven a ler. O seu traballo consiste en queimar libros, que son fonte de discordia e infelicidade. Pero Montag séntese desgraciado: o seu matrimonio está en crise. Acaso hai libros agochados na...
    Disponible en 2 - 5 días

    15,50 €14,73 €

  • SEGREDOS NO SOLPOR
    MISA, IRIA
    En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella quedar en paréntese. Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga. A Mara que atropelasen a súa compañeira Lucía ás seis e media da mañá fron...
    Disponible en 2 - 5 días

    13,50 €12,83 €

  • ARNOIA, ARNOIA
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    En Arnoia, Arnoia Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia vese preso e forzado ao exilio polo pobo dos veciños, invasores da súa terra e asasinos de Mai Loretta, quen antes de morrer lle dá dous obxectos: unha bolsiña máxica e o Libredón. Coa axuda do Libredón, Nmógadah e o Mestre Lionel libéranse dos seus captores e comezan as súas aventuras: o encontro co xig...
    Disponible en 2 - 5 días

    13,50 €12,83 €