Búsqueda de Editorial : XERAIS ANAYA / Colección : INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO

26 resultados

  • O CORVO SOBRE A NEVE
    MACEIRAS, ANDREA
    Na era glacial, os Países Temperados pecháronlles as fronteiras aos emigrantes climáticos. A neve sepultou toda esperanza. E mentres os cidadáns lexítimos son controlados por asistentes persoais, os parias do frío son obrigados a tatuar a marca dun carrán ártico no fémur. Dryas e a súa familia viven afastados de todo. El sabe que os seus pais agochan un escuro segredo. Por iso,...
    ¡Últimas unidades!

    12,95 €12,30 €

  • NAVE
    SENDÓN, OLAIA
    Néboa fixo dezaseis anos hai pouco e abúrrese mortalmente na clase do profesor Nogueira. Tampouco pode deixar de pensar en que lle acontecería a Noite, a súa amiga que acaba de morrer. Polo resto, a vida de Néboa é moi normal, ou todo o normal que pode ser a vida de alguén que naceu nunha nave espacial e forma parte dos últimos cen mil superviventes da raza humana. ...
    Disponible

    13,95 €13,25 €

  • POETÍZATE
    ALONSO, FRAN
    A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para ...
    Disponible

    13,95 €13,25 €

  • ADELINE
    SOLAR, MARÍA
    Adeline é unha homenaxe a Carmilla, a primeira vampira literaria, escrita vinte e cinco anos antes de Drácula. Laura vive desde nena agoniada por un estraño don que posúe: ve mortos. Durante anos leva unha vida solitaria no pazo familiar da contorna de Verín. Cando medra, a ansiada vida universitaria en Madrid tampouco é o que esperaba. No regreso estival ao pazo, Laura atopa u...
    Disponible

    13,50 €12,83 €

  • A TRIBO DO MAR
    PÉREZ, LOIS
    Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes. Libia non era o que pensaba. O Mediterráneo parece agora infr...
    Disponible

    13,50 €12,83 €

  • BULLYING
    ALONSO, ÁLEX
    Mergullándose en temas que centran o universo adolescente, como as redes sociais, a homosexualidade e, sobre todo, o acoso escolar, "Bullying", de Álex Alonso, foi galardoada co Premio de Narración Curta Ánxel Fole. A mellor reflexión sobre a novela está nas palabras iniciais do seu protagonista: «Cada vez que entro ao instituto penso no inferno, e, sinceramente, preferiría mel...
    Disponible

    13,50 €12,83 €

  • AS MEIGAS DE LUPA
    SOLAR, MARÍA
    María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a pr...
    Disponible

    13,95 €13,25 €

  • UNHA ESTRELA NO VENTO
    COSTAS, LEDICIA
    Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que...
    Disponible

    14,90 €14,16 €

  • QUERIDAS PANTASMAS
    DE EVAN, ALBA
    Amelia múdase a unha nova vila fuxindo do seu pasado, mais... podemos escapar do que axexa no noso maxín? Entre as paredes do seu novo fogar descobre que a amizade pode transcender a morte, e que, como pasa con todo o importante, as rosas non son tan doadas de coidar como parece. ...
    Disponible bajo reserva

    12,95 €12,30 €

  • O BESTIARIO CIENTÍFICO DE ANXOS NOGUEIROSA
    FRAGA, ANTONIO M.
    I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil Obra incluída na Lista de Honra IBBY 2022 1933. Aos seus trece anos, Suso é obrigado a pasar o verán nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza por mor da súa mala saúde. No traxecto en tren cara ao destino, chega ás súas mans un caderno cun misterioso título na cuberta: "Libe...
    Disponible bajo reserva

    12,95 €12,30 €

  • I'M OBÉLIX
    FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, RAQUEL
    Isma, un mozo de 13 anos, afronta un novo curso do instituto cun cambio significativo na súa vida: unha diagnose de TDAH. O que en principio semella algo positivo para a familia, xa que chega acompañado de respostas -e mesmo de certo alivio-, converterase nun drama no ámbito escolar, onde o protagonista terá que enfrontarse ao descoñecemento e á falta de sensibilidade dun secto...
    Disponible bajo reserva

    13,50 €12,83 €

  • A MALDICIÓN DO PAPIRO ALEXANDRINO
    GARCÍA TURNES, BEATRIZ
    Nadal de 1918. Ao finalizar a Gran Guerra, Atenea Donadieu regresa a Francia para iniciar os seus estudos universitarios. Axiña, a súa intelixencia e os seus coñecementos chaman a atención na Facultade e levan a súa compañeira Olga Aleksandrova a facerlle unha encarga moi especial: debe axudarlle a recuperar un antigo papiro roubado. Deste xeito, Atenea non só lle fará un gran ...
    Disponible bajo reserva

    13,50 €12,83 €

  • TERANGA
    MACEDA, BEATRIZ
    «Vencerse é cousa de se tratar.» Este verso da escritora Xela Arias é o xermolo da historia dun grupo de rapazas que son quen de superar todos os atrancos que xorden na súa vida persoal e no instituto grazas á «Teranga» e á riqueza de compartir as palabras que nos definen nas distintas culturas. Aquel fora un curso escolar inesquecible para todas, porque o amor, o compañeirismo...
    Disponible bajo reserva

    13,50 €12,83 €

  • AQUELES CORPOS NOSOS
    GÓMEZ RAMOS, ADRIÁN
    Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias, e as fauces de Compostela escolleron unha nova vítima. Os Malvís terán que facer uso de todo o seu coñecement...
    Disponible bajo reserva

    13,50 €12,83 €

  • FURIA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a a...
    Disponible bajo reserva

    13,50 €12,83 €

  • A CURVA DA PANTASMA
    ALONSO, FRAN
    As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen moita historia. Partindo da estrutura e do espírito das lendas urbanas, Fran Alonso reescríbeas desde o presente en "A curva da pantasma", sen renunciar ao medo e ao misterio com...
    Reimpresión

    13,50 €12,83 €

  • A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS
    MEJUTO, EVA
    O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba ...
    Disponible bajo reserva

    13,95 €13,25 €

  • FAHRENHEIT 451
    BRADBURY, RAY
    Fahrenheit 451 é a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Os libros están prohibidos e Guy Montag, bombeiro, pertence ao Departamento do Lume, que persegue os disidentes que se atreven a ler. O seu traballo consiste en queimar libros, que son fonte de discordia e infelicidade. Pero Montag séntese desgraciado: o seu matrimonio está en crise. Acaso hai libros agochados na...
    Disponible bajo reserva

    15,95 €15,15 €

  • SEGREDOS NO SOLPOR
    MISA, IRIA
    En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella quedar en paréntese. Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga. A Mara que atropelasen a súa compañeira Lucía ás seis e media da mañá fron...
    Disponible bajo reserva

    13,95 €13,25 €

  • XA NON ESTOU AQUÍ
    MISA, IRIA
    Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a ...
    Disponible bajo reserva

    13,95 €13,25 €

  • PENÚLTIMAS TENDENCIAS
    NEGRO, CARLOS
    Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai se...
    Disponible bajo reserva

    13,95 €13,25 €

  • AIRE NEGRO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa p...
    Disponible bajo reserva

    13,95 €13,25 €

  • ARNOIA, ARNOIA
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    En Arnoia, Arnoia Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia vese preso e forzado ao exilio polo pobo dos veciños, invasores da súa terra e asasinos de Mai Loretta, quen antes de morrer lle dá dous obxectos: unha bolsiña máxica e o Libredón. Coa axuda do Libredón, Nmógadah e o Mestre Lionel libéranse dos seus captores e comezan as súas aventuras: o encontro co xig...
    Disponible bajo reserva

    13,95 €13,25 €

  • A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO
    ALEIXANDRE, MARILAR
    A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo c...
    Disponible bajo reserva

    13,95 €13,25 €

  • CRÓNICAS MARCIANAS
    BRADBURY, RAY
    "Crónicas marcianas" de Ray Bradbury é unha colección de relatos que constitúe a crónica dos primeiros intentos dos habitantes da Terra, desde 1999 a 2026, para colonizar o planeta Marte, un deserto de area azul, con ruínas de cidades xadrezadas e ocasos amarelos. Os colonos, que viaxan en foguetes prateados, soñan con reproducir no Planeta Vermello a súa forma de vida convenci...
    Disponible bajo reserva

    16,95 €16,10 €

  • IRMÁN DO VENTO
    LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL
    "Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."" Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repe...
    Disponible bajo reserva

    14,90 €14,16 €